Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0003/2020 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 30 de xuño 2020

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0003/2020

José Luis Román Cabello

Proposta

A instrutora

CON-PO-0042/2020

David Graña Piñeiro

Proposta

A instrutora

CON-PO-0049/2020

Viviana Claudia González

Proposta

A instrutora