Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28630

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO das bases específicas do proceso selectivo para policía local, polo sistema de mobilidade, da oferta de emprego público do ano 2019.

Na Resolución da Alcaldía núm. 2020-0554, do 15 de xuño de 2020, aprobáronse as bases específicas que regularán o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de policía local, polo sistema de mobilidade, vacantes no cadro de persoal do Concello de Moaña, incluídas na oferta de emprego público do ano 2019.

O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal.

Moaña, 15 de xuño de 2020

Leticia Santos Paz
Alcaldesa