Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 3 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 328/2019 contra a Resolución do 14 de outubro de 2019 pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 24 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo de 2018).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 328/2019, fronte a Resolución do 14 de outubro de 2019 pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 24 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 (DOG núm. 48, do 8 de marzo de 2018).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte a o da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública