Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28721

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 61/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 61/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Cores Rodríguez contra a empresa Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decreto con data do 23 de xuño de 2020 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Juan José Cores Rodríguez, fronte a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., parte executada, por importe de 1.501,81 euros en concepto de principal, máis 389,93 euros en concepto de xuros de mora do artigo 29.3 do ET, máis 189,17 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e a copia da demanda executiva seranlle notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, queda así a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que houber de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título; a compensación en débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0061 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número ES55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0061 20. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

Así o acorda e asina S.S ª. Dou fe. A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

En prol de dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir o pagamento a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. pola cantidade de 1.501,81 euros en concepto de principal, máis 389,93 euros en concepto de xuros de mora do artigo 29.3 do ET, máis 189,17 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas. Se non pagase no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (concepto de transferencia 5076 0000 64 0061 20), procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou a execución máis as custas desta.

– Requirir a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, en caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquense as partes e Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou os interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0061 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número ES55 0049 3569 9200 0500 1274 e no campo concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0061 20. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

Así o acordo e asino. Dou fe. A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza