Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos trámites do expediente de expropiación do parque eólico modificación Montes de Abella (expediente 103-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas en diversos trámites afectados pola instalación eléctrica do parque eólico modificación Montes de Abella, segundo se sinala no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada ten un prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería Economía, Emprego e Industria, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 6 de xullo de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente 103-EOL.

Denominación: parque eólico modificación Montes de Abella Concellos: Triacastela e Láncara (Lugo).

Predio

Propietario

Trámite

Predio 25 (polígono 18, parcela 213)

Predio 33( polígono 18, parcela 221)

Predio 35 (polígono 18, parcela 223)

Predio 48 (polígono 18, parcela 236)

Predio 64 (polígono 18, parcela 338)

Herdeiros de Constantino Caldeiro Rodríguez

Celia Díaz Regueiro

Inés Caldeiro Díaz

Resolución de arquivamento do expediente de expropiación

Audiencia ao recurso de alzada da beneficiaria contra a Resolución da Xefatura Territorial do 4 de setembro de 2019.

Predio 3 (polígono 8, parcela 207)

Consuelo Vázquez Díaz

Hdos de Alejandro Lago López

Audiencia á renuncia da empresa á expropiación dos predios do proxecto: 3, 7, 8 e 8b