Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 6 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2016-0169-C, devolta polo servizo de Correos.

O 1 de xuño de 2020, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por danos derivados da asistencia sanitaria que formulou a persoa reclamante que se sinala no anexo deste anuncio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a dita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e como segundo o artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha simple indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do dito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: RP-2016-0169-C.

Reclamante: 33073223V.

Último enderezo coñecido: rúa Entença, nº 134, entresollado núm. 2, 08015 Barcelona.

Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade, do 1 de xuño de 2020, relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por danos sufridos como consecuencia da asistencia sanitaria prestada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: dez (10) días.