Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 25/2020).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que, no procedemento execución de títulos xudiciais 25/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L.U., sobre ordinario, se ditou decreto con data do 1 de xullo de 2020, recorrible en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de xullo de 2020

O letrado da Administración de xustiza