Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de xullo de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de modificación do recoñecemento de dereitos de cobramento efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra PO/12/070.01, no concello de Moaña.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e resultando descoñecido o domicilio do titular, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de modificación do recoñecemento de dereitos de cobramento efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do proxecto de trazado da obra de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG 4.1, treito: enlace Rande-enlace Cangas, subtreito I: pp.qq. 0+000 ao 3+250, clave PO/12/070.01, no concello de Moaña.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial de Pontevedra da AXI, sita na avenida María Victoria Moreno, 43-1º, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución de modificación do recoñecemento de dereitos de cobramento e constancia de tal coñecemento. Esta comparecencia deberá ser confirmada a través do sistema de cita previa no teléfono 886 20 65 03. Unha vez transcorrido ese prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Pontevedra, 3 de xullo de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Clave de obra

Predio

Interesado

Acto que se notifica

PO/12/070.01

58

Alfonso López Martínez

Resolución de modificación de dereitos de cobramento