Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28899

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2020 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2019.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou no Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 31 de maio de 2019, a Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT207B).

A base décimo novena establece que o prazo de xustificación da subvención rematará o 15 de agosto de 2020.

O artigo 45.3 do Decreto 1172009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a posibilidade de que o órgano concedente das subvencións outorgue, salvo precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para presentar a xustificación, que non excederá a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros.

O artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, indica que a amlpliación poderá acordarse de oficio ou por instancia de parte antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellan.

En consecuencia, tendo en conta que a data de xustificación é o día 15 de agosto de 2020, a existencia de numerosas solicitudes de ampliación deste prazo por parte de beneficiarios, polas das dificultades que están atopando para presentar a súa xustificación como consecuencia da declaración do estado de alarma polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo por mor do COVID-19, que provocou unha suspensión dos prazos administrativos, unha parálise total da actividade económica e un novo escenario social.

Polas razóns antes expostas,

RESOLVO:

Modificar a data límite de xustificación establecida na base décimo novena da Resolución de 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2019 (CT207B), ampliando o prazo para presentar a documentación xustificativa ata o 30 de setembro de 2020.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia
Galega das Industrias Culturais