Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 6 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expedente sancionador 2020038TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2020038TACO incoado a 33242422Q.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, da Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírteselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 6 de xullo de 2020

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2020038TACO.

DNI/NIF/CIF: 33242422Q.

Último enderezo coñecido: A Xesteira (Bama) 15822 Touro.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.