Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 1 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR905A 2019/704 e seis máis.

Intentada a notificación persoal das resolucións a través do servizo de Correos no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas non puideron efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

O secretario xeral da Emigración
P.S. (Decreto 76/2017, do 28 de xullo)
José Carlos García Bouzas
Subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno

ANEXO

Procedemento/nº expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2019/704

34322734H

Resolución

29.11.2019

PR905A 2019/733

44086388B

Resolución

20.1.2020

PR905A 2019/794

34519969M

Resolución

18.12.2019

PR905A 2019/795

34401273N

Resolución

18.12.2019

PR905A 2019/839

78158332P

Resolución

20.1.2020

PR905A 2019/899

09835696E

Resolución

18.12.2019

PR905A 2019/974

01847168S

Resolución

20.1.2020