Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29215

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes de xefatura de persoal de xestión e servizos.

Mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2020 (DOG núm. 47, do 10 de marzo), convocáronse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, varios postos vacantes de xefatura de persoal de xestión e servizos.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo do informe da Dirección de Recursos Humanos a que se fai referencia na base quinta, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, o Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio),

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos vacantes de xefatura de persoal de xestión e servizos, anunciada pola Resolución do 28 de febreiro de 2020 (DOG núm. 47, do 10 de marzo).

Segundo. Nomear, nos postos que se indican, as persoas que se citan no anexo desta resolución.

Terceiro. Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da Área Sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 15 de xullo de 2020

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de Servizo de Asesoría Jurídica.

Nome e apelidos: Ana Lorenzo Carballo.

DNI (*): ***7848**.

Denominación do posto: xefe/a de Servizo de Carreira Profesional e Expediente Electrónico.

Nome e apelidos: Alberto Santalla Vázquez.

DNI (*): ***7163**.

Denominación do posto: xefe/a de Servizo de Selección e Provisión de Persoal.

Nome e apelidos: Sonia María Rivas García.

DNI (*): ***5522**.

Denominación do posto: xefe/a de Servizo de Xestión de Persoal, Retribucións e Control Orzamentario.

Nome e apelidos: Juan Carlos Quintas Cid.

DNI (*): ***7041**.

(*) O DNI móstrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.