Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 238/2017).

Execución de títulos xudiciais 238/2017

Procedemento orixe: procedemento ordinario 1000/2014

Sobre ordinario

Demandante: Silvia Vázquez Cuesta

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, David García Fanego

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 238/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Vázquez Cuesta contra a empresa David García Fanego, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto o 3 de xullo de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

–Transferir ao número de IBAN, que consta nos autos de Silvia Vázquez Cuesta, o importe a que ascenden os xuros, isto é, 125,55 euros e á do Fogasa, 25,38 euros, no mesmo concepto.

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Silvia Vázquez Cuesta fronte a David García Fanego.

– Levar o orixinal desta resolución ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

– Arquivar o presente procedemento e dalo de baixa nos libros correspondentes.

Notifíquese ás partes e a David García Fanego, por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0238 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número ES 55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0238 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a David García Fanego, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza