Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Trevo Analistas, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Trevo Analistas, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 27 de maio de 2020, no Rexistro Provincial de Lugo. Consta como novo capital social mínimo 7.000,00 €.

Lugo, 8 de xullo de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo