Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de inicio de trámite de audiencia en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do que se notifica.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada polo COVID-19 para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 9 de xullo de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada: Silvia Fernández Regueira.

Acto notificado: trámite de audiencia.