Antecedentes:
Primeiro. No Diario Oficial de Galicia número 17, do 27 de xaneiro de 2020, publicouse a Orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 23 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2020.
Segundo. Ao abeiro da indicada convocatoria, as entidades interesadas que figuran no anexo a esta resolución presentaron a correspondente solicitude de axudas.
Terceiro. O 4 de xuño de 2020, o órgano instrutor formulou o informe proposta de concesión de axudas das solicitudes presentadas polos importes que se indican no anexo.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade é competente para resolver as solicitudes de axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, de acordo coa delegación outorgada ao seu favor pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade no artigo 10 da citada Orde do 23 de decembro de 2019.
Segunda. As entidades solicitantes cumpren os requisitos previstos na orde de convocatoria para seren beneficiarias, e a súa solicitude axústase ás previsións da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e á súa normativa de desenvolvemento. Xa que logo, analizado o contido do expediente, do informe de valoración e da proposta formulada polo órgano instrutor, considérase axeitado outorgar as axudas nas contías da indicada proposta.
De acordo co exposto,
RESOLVO:
Outorgar ás entidades que figuran no anexo e polos importes que nel se indican as subvencións con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.512A.481.1, para executar o plan formativo de acordo coas condicións e para a relación de cursos subvencionables que foron comunicados polas ditas entidades.
As entidades beneficiarias asumen as obrigas establecidas con carácter xeral nas bases reguladoras e na normativa de subvencións e, especificamente, as previstas no artigo 17 das bases. De acordo co artigo 4.3 das bases reguladoras, estas axudas serán compatibles con calquera outra outorgada por outros departamentos, administracións ou entes públicos ou privados, nacionais e internacionais.
De acordo co disposto no artigo 18 da orde, o 31 de outubro de 2020 será o último día para presentar a documentación xustificativa das accións formativas realizadas ao abeiro desta convocatoria. As entidades beneficiarias deben xustificar as actividades formativas subvencionadas achegando a documentación que se indica no artigo 18.2 das bases reguladoras, dentro do prazo mencionado.
Segundo o artigo 19 das bases reguladoras, unha vez examinada a documentación presentada aboaranse as cantidades que correspondan ás actividades correctamente realizadas, mediante transferencia bancaria ao número de conta indicado na solicitude.
Tal e como establece o artigo 2.3 das bases reguladoras, o importe outorgado destinarase a realizar a totalidade dos cursos do plan formativo. Non obstante, se as demandas formativas o aconsellasen, poderá destinarse a realizar outros cursos relacionados coas materias contidas no plan ou a incrementar o número de edicións dos xa incluídos nel, sempre que non se supere o importe global outorgado e a contía individual de cada curso non supere os límites máximos fixados na guía de referencia. Igualmente, no caso de que a contía global da axuda outorgada non cubra o custo de todo o plan formativo, a entidade beneficiaria poderá aplicala á realización daqueles cursos ou seminarios incluídos nel que resulten de maior interese para o alumnado. En todo caso, os cursos que se vaian realizar, así como os posibles cambios que os afecten, deberán ser comunicados á Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte nos termos do artigo 20.2 das bases.
O artigo 21 das bases reguladoras permite que o beneficiario subcontrate a realización dos cursos ou seminarios ata o total da actividade subvencionada, respectando en todo caso os límites establecidos na dita disposición, entre os que cómpre destacar que se a actividade concertada con terceiros excede o 20 % do importe da subvención e o dito importe é superior a 60.000 euros, a subcontratación debe autorizala, previamente á súa realización, a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade e figurar nun contrato escrito no caso de que sexa autorizada.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación ou ben, alternativamente, poderá ser impugnada directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados do mesmo xeito, consonte o artigo 15 das bases reguladoras.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Orde do 23.12.2019, DOG núm. 17, do 27.1. 2020)
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade
ANEXO
Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para o ano 2020 (aplicación orzamentaria: 2019.08.02.512A.481.1)
NIF |
Entidade |
Importe |
G15248859 |
Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionales y Especiales (Acotrades) |
31.114,69 € |
G15624281 |
Asociación de Empresarios Transportistas del Servicio Discrecional de Viajeros de la Comunidad de Galicia (Anetra-Galicia) |
17.105,70 € |
G36627719 |
Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercancías de Pontevedra (Asetranspo) |
60.076,41 € |
G15086341 |
Federación Gallega de Servicios de Transporte en Autobús (Fegabus) |
12.947,25 € |
G15353543 |
Federación de Autónomos del Taxi de Galicia (Fegataxi) |
24.913,19 € |
G15086358 |
Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer) |
80.927,68 € |
G32400293 |
Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionais de Transporte (Fegatrans) |
63.762,99 € |
G70209234 |
Federación Gallega de Transporte de Viajeros (Fegatravi) |
32.353,37 € |
G32345670 |
Federación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Carretera de Galicia (Fetram) |
47.483,08 € |
G70037544 |
Asociación Empresarial de Alquiler de Vehículos con e sen Condutor de Galicia (Galeval) |
2.300,42 € |
G15640808 |
Federación Galega de Asociacións de Transportes de Viaxeiros en Autocar (Transgacar) |
27.015,22 € |
Total |
400.000,00 € |