Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de xestión da biomasa UME/2019/259.

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Medio Ambiente, Servizos e Obras), situadas na rúa do Concello, núm. 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Culleredo, 10 de xullo de 2020

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente

anexo

Núm. expediente

Referencia catastral

Propietaria/o

UME/2019/259

15031A05600033

Barbeito Loureiro, Manuel José

UME/2019/259

15031A05600033

Morandeira Varela, Mercedes