Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29480

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19.

A Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 12 de marzo de 2020, pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2018/19 (Diario Oficial de Galicia do 8 de xullo), establece no seu artigo 11 que para a selección, análise e valoración das solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará un xurado de selección composto por un presidente ou unha presidenta e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de Educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 11 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 12 de marzo de 2020,

RESOLVO:

Designar os membros do xurado de selección que deberá seleccionar, analizar e valorar as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19 e facer pública a súa composición, que é a que figura a seguir:

– Titulares:

Presidenta: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

M. Eugenia Pérez Fernández, subdirectora xeral de Formación Profesional.

Jesús Manuel Rodríguez Buján, xefe do Servizo de Ordenación e Formación Profesional.

Elisa Isabel Amoedo Barciela, inspectora de Educación.

Manuel Guerra Fernández, inspector de Educación.

José Luis Vázquez Fernández, inspector de Educación.

Miguel Ángel Luis Callón Fernández, inspector de Educación.

– Suplentes:

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.

Vogais:

José Antonio Jardón Bahía, xefe do Servizo de Xestión da Formación Profesional.

Xosé Romarís Lens, inspector de Educación.

Antonio Estévez Rodríguez, inspector de Educación.

María del Carmen García Rodríguez, inspectora de Educación.

Judith Fernández Novoa, inspectora de Educación.

Íñigo Barreiro García, inspector de Educación.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2020

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa