Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29603

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión de axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 13 de abril de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 72, do 15 de abril) (código de procedemento IG415A).

Primeiro. A Resolución do 13 de abril de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, establece que as subvencións se outorgarán a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados o que, de ser o caso, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. O crédito dispoñible para concesións era de 2.500.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7701. O 10 de xullo de 2020 esgotouse o crédito dispoñible para a concesión destas axudas despois de resolver as solicitudes completadas ata o 2 de xullo de 2020.

En virtude do anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7701 para a concesión de axudas ao abeiro da Resolución do 13 de abril de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, con data do 10 de xullo de 2020.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica