Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29754

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2020 pola que se amplía o crédito e se adxudican as axudas da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

O 20 de febreiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853B).

Os artigos 3 e 4 desta resolución de convocatoria establecen os requisitos que deben cumprir, respectivamente, os beneficiarios e as unidades mixtas de investigación para poderen optar ás axudas.

A Comisión de Selección prevista no artigo 16 das bases reguladoras, reunida o 14 de xullo de 2020, elaborou unha proposta de financiamento das solicitudes por orde decrecente da puntuación acadada, tendo en conta os informes de valoración emitidos polos avaliadores. A proposta da Comisión de Selección prevé axudas que superan o importe da convocatoria, coa previsión de que se poida ampliar o crédito de acordo co disposto no artigo 2 das bases reguladoras.

Neste senso, o artigo 2 establece a aplicación orzamentaria e o importe previsto para o financiamento das devanditas subvencións, así como a posibilidade de ampliar os créditos dedicados a esta convocatoria, logo de declaración de dispoñibilidade de crédito, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Actualmente, na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible procedente de remanentes da convocatoria para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación do ano 2020 financiada con cargo ao mesmo crédito e o mesmo código de proxecto, polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da axuda convocada nas cantidades necesarias para atender a proposta da Comisión de Selección.

No artigo 20 da convocatoria regúlanse a resolución e a notificación destas axudas unha vez que a Comisión de selección seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos nos artigos 17 e 18.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei  9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2.b) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

1. Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853B).

Na táboa seguinte detállase o crédito definitivo:

Aplicación orzamentaria

Ano 2020 (€)

Ano 2021 (€)

Ano 2022 (€)

Ano 2023 (€)

Total (€)

Inicial

09.A3.561A.781.0

2016 00015

240.800,00

679.600,00

679.600,00

400.000,00

2.000.000,00

Ampliación

09.A3.561A.781.0

2016 00015

80.203,01

142.163,56

64.968,30

0,00

287.334,87

Total

09.A3.561A.781.0

2016 00015

321.003,01

821.763,56

744.568,30

400.000,00

2.287.334,87

2. Conceder as axudas para a consolidación das unidades mixtas de investigación que figuran como anexo a esta resolución, por orde decrecente de puntuación, por un importe total de 2.287.334,87 euros coa seguinte distribución por anualidades:

Aplicación

orzamentaria

Ano 2020 (€)

Ano 2021 (€)

Ano 2022 (€)

Ano 2023 (€)

Total (€)

09.A3.561A.781.0

2016 00015

321.003,01

821.763,56

744.568,30

400.000,00

2.287.334,87

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: eixe 1, Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, prioridade de investimento 1.2, Fomento do investimento empresarial en I+i, desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes, obxectivo específico 1.2.3, Fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes e actuación CPSO 1.2.3.2, Actividades de investigación e innovación para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos público-privados: centros mixtos de I+D+i.

O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 27 da resolución de convocatoria.

Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 26 da convocatoria nos prazos establecidos no punto 2 do citado artigo.

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file