Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29764

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 15 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 21 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (TU404A, TU404B e TU404C).

BDNS (Identif.): 493451.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Datas de desenvolvemento do programa

1. Na anualidade 2020, o programa desenvolverase entre o 15 de setembro de 2020 e o 30 de novembro de 2020 para todas as modalidades e colectivos.

2. No que respecta á anualidade 2021, o programa executarase entre o 10 de marzo e o 30 de novembro de 2021 por quendas que agrupen as persoas beneficiarias por modalidade e colectivo coa excepción do período comprendido entre o 21 de xuño e o 10 de setembro e os períodos de Semana Santa, pontes ou festivos.

Segundo. Contía da subvención e financiamento das actividades subvencionadas

1. Na anualidade 2020, a contía da axuda, a cargo da Axencia Turismo de Galicia, será variable atendendo a tempada de desfrute e modalidade do programa mentres que o prezo, a cargo das persoas beneficiarias (IVE incluído), será fixo atendendo a modalidade do programa sen distinción entre tempadas de desfrute.

O prezo fixo que deben pagar os usuarios é o correspondente á tempada baixa establecido na Resolución do 21 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021:

Usuarios

Tempada

Vacacións en zonas costeiras

Rutas de patrimonio histórico e cultural

Rutas de natureza e montaña

Estadías en balnearios

Tempada

144 €

117 €

117 €

198 €

2. Polo que respecta á anualidade 2021, a contía da axuda, a cargo da Axencia Turismo de Galicia, será variable atendendo a tempada de desfrute e modalidade do programa mentres que o prezo, a cargo das persoas beneficiarias (IVE incluído), será fixo atendendo a modalidade do programa sen distinción entre tempadas de desfrute.

O prezo fixo que deben pagar os usuarios é o establecido para a tempada media na Resolución do 21 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021:

Usuarios

Tempada

Vacacións en zonas costeiras

Rutas de patrimonio histórico e cultural

Rutas de natureza e montaña

Estadías en balnearios

Tempada

180 €

129 €

129 €

222 €

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes para a tempada do ano 2021

As solicitudes presentaranse entre o 1 de outubro e o 1 de novembro de 2020 nas axencias comercializadoras do programa que teñan asinado o correspondente contrato coa empresa adxudicataria do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020

O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia