Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se notifica a resolución de caducidade do procedemento de autorización como xestor de valorización de residuos perigosos da empresa Reciclajes Salvatierra, S.L. (expediente 2018-SC-I-00390).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícaselle ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de caducidade do procedemento de autorización.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Residuos, sitas no Edificio Administrativo, rúa de San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2018-SC-I-00390.

Titular: Reciclajes Salvatierra, S.L.

NIF: B95914719.

Acto notificado: resolución de caducidade do procedemento de autorización.

Data do acto administrativo: 5.3.2020.