Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29724

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 100/2020, do 2 de xullo, polo que se modifica a denominación da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.

Advertido un erro no decreto publicado no DOG nº 140, do 15 de xullo de 2020, cómpre efectuar a seguinte modificación:

Na páxina 28104, no artigo único, onde di: «Autorizar a modificación da denominación da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense da Universidade de Vigo, que pasará a denominarse Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social», debe dicir: «Autorizar a modificación da denominación da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, que pasará a denominarse Facultade de Educación e Traballo Social».