Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29779

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (270/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 270/2020 por instancia de María Carmen Bello Outeiro contra Confecciones Torres Tasende, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre resolución de contrato e despedimento, nos cales se ditou Sentenza con data do 30.6.2020, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Acéptase a demanda interposta por María Carmen Bello Outeiro fronte á empresa Confecciones Torres Tasende, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguido o contrato de traballo que unía a traballadora coa empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. na data da presente resolución.

– Declárase improcedente o despedimento da demandante con data do 27 de febreiro de 2020.

– Condénase a empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. a lle aboar á demandante a cantidade de 26.853,42 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, a cantidade de 4.785 euros en concepto de salarios de tramitación e a cantidade de 4.375,72 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondará a manifestación de parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignada a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Torres Tasende, S.L.E., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza