Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefatura do Servizo de Planeamento e Xestión do Solo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 95, do 26 de xuño de 2020, publicáronse as bases aprobadas mediante resolución da Concellaría Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 17 de xuño de 2020, relativas á seguinte convocatoria do posto de libre designación:

– Posto de xefatura do Servizo de Planeamento e Xestión do Solo.

O prazo de presentación de instancias será de quince días (15) hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Estas convocatorias e as súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 15 de xullo de 2020

A Xunta de Goberno local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior