Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 195/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Paula Couso Guimerans contra Nexia Infraestructuras, S.L.U., Fogasa, Realcom Maquinaria, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 195/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Nexia Infraestructuras, S.L.U., Realcom Maquinaria, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 20 de outubro de 2020, ás 11.50 e 11.55 horas, na rúa Huertas, s/n, andar 3, edificio Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberán acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida estar esta representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Nexia Infraestructuras, S.L.U., Realcom Maquinaria, S.L, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 6 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza