Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29887

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO (411/2018).

Eu, Raimundo Díaz Valcarce, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos, fago saber que no presente procedemento xuízo ordinario 411/2018 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Monforte de Lemos, 23 de outubro de 2019.

Vistos por min, César Antonio Saco Figueiras, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos e o seu partido, os autos do xuízo ordinario nº 411/2018, sobre acción declarativa de propiedade e determinación de cotas, seguido por instancia de Fernando López López, representado pola procuradora Sra. Franco García e asistido do/a letrado/a Sr/a. Villarino Fernández, contra Inversión Patrimonial Carpetania, S.A., en situación de rebeldía procesual, resolvo con base nos seguintes

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta por instancia da procuradora Sra. Franco García, en nome e representación de Fernando López López, contra Inversión Patrimonial Carpetania, S.A., declaro que o demandante é copropietario, en comunidade indivisa coa parte demandada, de 7/8 partes do conxunto indivisible descrito no fundamento xurídico segundo da presente resolución; que na devandita copropiedade de 7/8 partes do referido conxunto, o demandante Fernando López López representa unha cota de participación do 81,78 % e a demandada Inversión Patrimonial Carpetania, S.A. representa a cota de participación do 18,22 % restante. Condeno a demandada a se ater aos anteriores pronunciamentos, con expresa imposición de custas á demandada.

Notifíqueselles ás partes, con indicación de que poderán interpoñer recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes, e ante este xulgado, e que será exixible o depósito na conta de consignacións deste xulgado como requisito necesario para admitir a trámite o recurso.

Así, por esta miña sentenza, da cal se expedirá certificación nos presentes autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar a entidade demandada, Inversiones Patrimoniales Carpetania, S.A., en situación de rebeldía, e se descoñecer o seu domicilio, expido, selo e asino o presente edicto.

Monforte de Lemos, 10 de febreiro de 2020

O letrado da Administración de xustiza