Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición da disolución de pleno dereito de varias entidades, polo transcurso do prazo para a adaptación de estatutos sociais á Lei de cooperativas de Galicia.

En cumprimento do previsto no artigo 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, faise público que o Rexistro de Cooperativas-Sección Provincial dependente da Xefatura Territorial da Coruña practicou a inscrición da disolución de pleno dereito das entidades que se relacionan no anexo que se xunta, polo transcurso do prazo fixado legalmente sen que se adaptasen os seus estatutos sociais á Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e se solicitase a súa inscrición de acordo co previsto nas disposicións transitorias terceiras da lei e regulamento referidos.

A Coruña, 5 de setembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Denominación

Enderezo

Localidade

Data const.

Nº rex.

Data disol.

O Casal, S. Coop. Ltda. (en liquidación)

Lugar do Outeiro-Lago

Valdoviño

2.2.1981

060-C

2.1.2003