De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a suspensión no correspondente expediente sancionador.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegaren o que consideren oportuno.
A Coruña, 15 de xullo de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: RL 2020/173-1.
Acta inf. nº: I152019000142783.
Empresa: Churrería La Ría de Coruña 2015, S.L.
NIF: B70467931.
Concello: A Coruña.
Materia: seguridade e saúde.
Data da comunicación: 26 de xuño de 2020.