Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se modifica e se revisa a autorización ambiental integrada para a planta de aluminio de Alu Ibérica LC, S.L. no concello da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 do decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de aluminio

Procedemento: modificación non substancial e revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Alu Ibérica LC, S.L.

Núm. de rexistro AAI: 2005/0272_NAA/IPPC_169

Localización: concello da Coruña (A Coruña)

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático