Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDITO (PO 201/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido a instancia de Juan Raposeiras Márquez contra Nexia Infraestructuras, S.L.U., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 201/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Nexia Infraestructuras, S.L.U., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 25 de febreiro de 2021, ás 10.35 e 10.40 horas, na rúa Hortas, s/n, planta 3, edificios xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Nexia Infraestructuras, S.L.U., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 3 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza