Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 21 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e de explotación dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Dumbría (expediente-e IN407A 2020/102-1).

Expediente-e: IN407A 2020/102-1.

Solicitante: Naturgy Wind, S.L.U.

Denominación: anexo ao proxecto (expediente IN407A 2015/002-1) e CT abonado LAMT e LSMT (alimentación de servizos auxiliares na subestación Regoelle 220 kV).

Concello: Dumbría.

Características técnicas:

CS en envolvente prefabricada de formigón de manobra exterior, de 20 kV situado ao carón do apoio número 18 da LMT Olveira-Manlle-Regoelle (expediente: IN407A 2015/2-1), coa seguinte configuración:

Unha cela de entrada para a conexión aérea de 20 kV.

Unha cela de saída para a conexión da liña soterrada actual (expediente IN407A 2015/2-1) que alimenta os SS.AA. da SET Regoelle 220 kV de REE.

Unha cela de saída para a conexión da liña soterrada para a alimentación dos SS.AA. (obxecto de proxecto independente) da SET colectora Lagoa 30-66/220 kV (expediente IN407A 2016/3040-1).

Unha cela de protección para o trafo de SS.AA. do CS.

Recuamento das canalizacións soterradas existentes do treito soterrado da liña que alimenta os SS.AA. da SET. Regoelle 220 kV para permitir a instalación e o conexionado da alimentación e os consumos do CS proxectado.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 21 de xullo do 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña