Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia do acordo de inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento de axudas (código de procedemento MR616A).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas, por comparecencia, do acordo de inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento das axudas para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais de 2017.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.

De acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas interesadas dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días, contados desde a notificación deste acordo de inicio, para presentar cantas alegacións e documentos consideren pertinentes. Transcorrido o dito prazo sen presentar alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar as alegacións e a documentación se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2020

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do 9.6.2020)
Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Procedemento:

axudas para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais de 2017 (procedemento MR616A).

Acto de notificación:

acordo de inicio de perda do dereito ao cobramento da axuda e/ou reintegro.

Persoas ás cales se lles notifica:

Expediente número: 18320002/2017.

DNI da persoa interesada: 44487990X.

Expediente número: 18320056/2017.

DNI da persoa interesada: 76718306N.

Expediente número: 18360061/2017.

DNI da persoa interesada: 35569905Z.

Expediente número: 18360090/2017.

DNI da persoa interesada: 34875426C.

Expediente número: 18360110/2017.

DNI da persoa interesada: 34867651L.

Expediente número: 18360259/2017.

DNI da persoa interesada: 35284757C.

Expediente número: 18360322/2017.

DNI da persoa interesada: 35233260C.