Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-CO-0668/2018-PRE e un máis.

Intentada sen éxito a notificación persoal de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial de Estado.

O prazo para presentar alegacións será de quince (15) días que empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 881 99 71 77).

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2020

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0668/2018-PRE

76483994R

Audiencia suspensión condicional

Rabuda, 17, Aguiño, 15960 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0325/2019-PPM

76966625T

Audiencia suspensión condicional

Calzada da Igrexa, 58, Edificio Naranjo, 2, 1º A, 15930 Boiro (A Coruña)