Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do social se ditou Resolución do 2 de xuño de 2020, dirixida a Víctor Manuel Rodríguez Soto, contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber, igualmente, que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.
E para que lle sirva de notificación na forma legal a Manuel Rodríguez Soto, en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020
A letrada da Administración de xustiza