Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 21 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 116/2020 contra a Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso na categoría 006, grupo I, titulado superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 116/2020, contra a Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso na categoría 006, grupo I, titulado superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG núm. 213, do 8 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública