Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31142

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal/13 no ámbito do polígono P39 Peñarredonda 1A, execución da Sentenza 574/2015 (expediente 631/2019/98).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 4 de xuño de 2020, acordou aprobar inicialmente o documento de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña no ámbito do polígono P39 Peñarredonda, xaneiro 2020, redactado pola Oficina de Planeamiento, S.A., e asinado polo arquitecto Alfonso Díaz Revilla e a avogada Delfina Losa García.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (Decreto 143/16), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

O contido íntegro da modificación aprobada pódese consultar fisicamente no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres; na sede electrónica do Concello https://sede.coruna.gob.es/; na páxina web de urbanismo do Concello https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe /informacion-e-normativa/exposicion-publica; ou ben, desde a mesma web, a través do visor desenvolvemento do planeamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade