Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31087

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2020 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 27 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 45, do 6 de marzo).

O artigo 10 da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, sinala que o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeneral da Academia Galega de Seguridade Pública a relación dos/das aspirantes declarados/as aptos/as, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro

Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo

Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial (PR472A) que se publicou como anexo II na Resolución do 27 de febreiro de 2020 (DOG núm. 45, do 6 de marzo), xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición quinta da resolución de convocatoria, e deberanse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de Servizos Centrais.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa. Denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 6,23 euros.

Terceiro

Contra a presente resolución, que non esgota á vía administrativa, poderán os/as interesados/as, interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 28 de xullo de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.

ANEXO

Alba Pérez, Sara

Bargo Iglesias, Jesús

Barja Val, Juan Manuel

Bendaña Couse, José Luis

Brea Álvarez, Jose Luis

Bujía Otero, Patricia

Cambón Vázquez, Manuel Eduardo

Campelo López, Verónica

Cao Estévez, Brais

Capostagno, Calogero

Carpente Saco, Marina

Conde Ruiz, Montserrat Begoña

Cores Fernandez, Juan Manuel

Cortojan Cortojan, Cecilia Mihaela

Costas Piñeiro, Adrián

De La Iglesia Costas, Eduardo

Estévez Gómez, Maria Isolina

Fernandez Rodriguez, Marcos

Fernandez Sanchez, Soraya

Fernandez Touriño, Javier

Ferreira Galindo, Manuel

Franco Abril, Claudia

Freire Mauricio, Victor

García Fernández, David

García Rivas, Luis Manuel

Gil Gomez, José Manuel

Gómez Roo, Eloy

González Gomez, David

Lago Mallo, Ezequiel

López Diéguez, Javier

López Pereira, Carlos

López Raña, Izzan

Marian-Valerut, Ivan

Martinez Corbacho, Jose Manuel

Martinez Gomez, Juan Antonio

Martínez Vidal, Antonio

Moledo Lestayo, Pablo

Molanes Salgado, Priscila María

Molinos Rodríguez, Irene

Naray Gilardoni, Federico David

Nieto Noya, Concepción

Pereira Roca, Jose Antonio

Pérez Mallou, Susana

Pérez Pérez, Francisco Javier

Porta Novoa, Enrique

Portas Piñeiro Benito

Prada Oliveira, Sonia

Regueira Pérez, Ivan

Regueiro Diz, Alberto José

Rey Lorenzo, María Begoña

Riveiro Hermida, Adrian

Rodrigues Corujas, Victor Manuel

Rodriguez Chao, Urko

Rodríguez Reyes, José Manuel

Rodríguez Urceira, Luis Miguel

Sánchez Baluja, Isaac

Vázquez Fernández, Maria Isabel

Villar Iglesias, Manuel