Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31212

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (388/2016).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, fago saber que nos autos de xuízo verbal 388/2016, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é a seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 10 de novembro de 2016.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre responsabilidade extracontractual co número 388/2016, promovidos por Belén Sánchez Ríos, representada polo procurador Sr. Lamoso Rey e asistida da letrada Sra. Franco Casillas, contra Josefa Iglesias Souto, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Admitindo integramente a demanda promovida por Belén Sánchez Ríos contra Josefa Iglesias Souto, debo condenar e condeno a demandada a aboar a cantidade de 295,60 euros, máis xuros legais, e a realizar as obras necesarias no baño da súa vivenda co fin de evitar que se sigan producindo filtracións, con imposición á demandada das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Así o acordo, o mando e o asino».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil polo presente edicto se notifica aos herdeiros de Josefa Iglesias Souto a indicada sentenza.

Vigo, 13 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza