Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 52/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 52/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Valentín Benito Fernández Rodríguez contra a empresa Alonga Rehabilitaciones, S.L., sobre ordinario, se ditou no día da data dilixencia de ordenación, auto e decreto impugnables en reposición no prazo de tres (3) días, os que se encontran á súa disposición na sede xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alonga Rehabilitaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza