Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31422

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Vilardevós.

Faise público que, a Presidencia, con data do 18 de xuño de 2020, resolveu o seguinte:

Con data do 28 de novembro de 2019, a Presidencia da Deputación de Ourense aprobou provisionalmente o estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Vilardevós. A citada aprobación foi exposta ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 248, do 31 de decembro de 2019), no taboleiro de anuncios do Concello de Vilardevós e na sede electrónica da Deputación de Ourense durante o prazo de trinta (30) días hábiles. Simultaneamente, a delimitación proposta foi sometida a informe do Concello de Vilardevós durante idéntico prazo. Transcorrido o dito prazo, non foron recibidas alegacións nin informe do Concello en contra da delimitación proposta.

Con data do 11 de marzo de 2020, o expediente de delimitación de treitos urbanos foi enviado á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emitise informe preceptivo e vinculante sobre a delimitación proposta co obxecto de poder adoptar a aprobación definitiva. Con data 2 de xuño de 2020, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe favorable condicionado á realización das seguintes correccións:

«– Nos planos, a estrada provincial que discorre polo núcleo rural de Vilar de Cervos aparece erróneamente identificada como OU-1009, en lugar de OU-1008.

– Nos planos de ordenación do núcleo rural de Vilardevós deben eliminarse as aliñacións grafadas na estrada autonómica».

As erratas detectadas foron corrixidas o 16 de xuño de 2020.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de delimitación dos seguintes treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Vilardevós.

missing image file

Segundo. Ordenar a publicación da resolución de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar a resolución de aprobación definitiva á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Vilardevós.

Ourense, 29 de xuño de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense