Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31375

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3987/2019).

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza e da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 3987/2019, seguido por instancia de Ambuibérica, S.L. contra Francisco José Rodríguez Pérez e Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Sra. Barrio Calle.

A Coruña, 16 de xullo de 2020

O anterior escrito subscrito polo letrado Sr. Pérez Seoane, en nome e representación da entidade mercantil Ambuibérica, S.L., únese ao recurso da súa razón.

Dáse por interposto o recurso de casación para a unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala.

Procédese ao emprazamento das demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese por comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para a unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en forma legal a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza