Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 7 de agosto de 2020 Páx. 31552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador na orde social RL 2020/173-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o levantamento da suspensión no correspondente expediente sancionador.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegar o que consideren oportuno.

A Coruña, 24 de xullo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2020/173-1.

Acta inf.: I152019000142783.

Empresa: Churrería La Ría de Coruña 2015, S.L.

NIF: B70467931.

Concello: A Coruña.

Materia: seguridade e saúde.

Data da comunicación: 16 de xullo de 2020.