Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 7 de agosto de 2020 Páx. 31554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 13 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150017814 e catro máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á administración, notificaránse os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial do Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga , nº 9, 1er andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Advírtese que, no caso de non compareceren, se considerarán notificados para todos os efectos.

Advírtese que por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada unha vez notificados os requirimentos tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas.

A Coruña, 13 de xullo de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

78787926T

150017814

8.1.2020

Requirimento de documentación

79341569X

150044613

25.9.2019

Requirimento de documentación

ANEXO II

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

33232596B

150019915

13.12.2019

Requirimento de documentación

76484368F

150035812

19.11.2019

Requirimento de documentación

76478826P

150088109

28.10.2019

Requirimento de documentación