Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 7 de agosto de 2020 Páx. 31468

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria de carácter extraordinario para o 2020 (código de procedemento CT235A).

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 153, do 31 de xullo de 2020, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 30161, o artigo 28, parágrafo 5, di: «No prazo comprendido desde a notificación da resolución da subvención ata o 15 de novembro de 2020 (incluído), e a través da plataforma, realizaranse os pedidos a cada unha das editoriais titulares de cada libro seleccionado pola entidade local. Serán as editoriais as que se encargarán do envío dos libros a cada solicitante, segundo fan constar no campo da plataforma «enderezo de envío»»; debe dicir: «No prazo comprendido desde a notificación da resolución da subvención ata o 2 de novembro de 2020 (incluído), e a través da plataforma, realizaranse os pedidos a cada unha das editoriais titulares de cada libro seleccionado pola entidade local. Serán as editoriais as que se encargarán do envío dos libros a cada solicitante, segundo fan constar no campo da plataforma «enderezo de envío»».

Na páxina 30162, o artigo 31, parágrafo 2, di: «A xustificación realizarase mediante a presentación da seguinte documentación, dirixida á Dirección Xeral de Políticas Culturais, Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, con data límite do 15 de novembro de 2020»; debe dicir: «A xustificación realizarase mediante a presentación da seguinte documentación, dirixida á Dirección Xeral de Políticas Culturais, Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, con data límite do 16 de novembro de 2020».