Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 7 de agosto de 2020 Páx. 31533

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 10/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 10/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Fernández Pérez contra Sara López García e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

En Santiago de Compostela o tres de xullo de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Sara López García en situación de insolvencia total por importe de 13.702,03 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 1.370,20 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres (3) días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia da executada, Sara López García, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza