Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31756

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 107/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 107/2020, seguido por instancia de David Paleo Magdaleno contra Translogistic Ibáñez, S.L., administración concursal de Translogistic Ibáñez e con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou Sentenza 196/2020, do 9 de xullo, en que se estima a demanda, contra a cal non cabe interpoñer recurso ningún. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Translogistic Ibáñez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza