Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 944/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 944/2019, seguido por instancia de Manuela Rioboo Bra contra Centro Óptico Plaza de Galicia, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre extinción da relación laboral polo traballador, se ditou Sentenza núm. 195/2020, do 9 de xullo de 2020, en que se estima a demanda, contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Óptico Plaza de Galicia S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza