Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 15 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150009020 e cinco máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes, sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícanse os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o dito prazo, de non compareceren, terase por practicada a notificación, ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que, de non efectuaren a emenda no prazo de dez (10) días, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establecido nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da notificación co emprazamento, se considerarán desistidas das súas solicitudes, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 15 de xullo de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

38559140P

150009020

19.2.2020

Requirimento de emenda da solicitude

32729331D

150009220

19.2.2020

Requirimento de emenda da solicitude

25985648H

150012620

11.3.2020

Requirimento de emenda da solicitude

44813292T

150017320

28.5.2020

Requirimento de emenda da solicitude

44842276G

150020320

17.6.2020

Requirimento de emenda da solicitude

ANEXO II

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

32601681D

150025420

27.5.2020

Requirimento de emenda da solicitude