Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31675

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras para compensar a perda de ingresos como consecuencia da pandemia COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento PE209K e PE209L).

Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 137, do 10 de xullo, efectúase a oportuna rectificación, dado que ten que haber coincidencia entre o regulado no artigo 4.1. segundo parágrafo e o indicado por erro no anexo III A, polo que queda como segue:

No anexo III A, onde di: «4. Non ter recibido nin solicitado axudas para a paralización temporal que abranga o período entre o 14 de marzo de 2020 e o 15 de xuño de 2020, ambos os dous incluídos», debe dicir: «4. Non ter recibido nin solicitado axudas para a paralización temporal que abranga o período entre o 14 de marzo de 2020 e o 15 de maio de 2020, ambos os dous incluídos».

Esta corrección non supón modificación do prazo de presentación de solicitudes.